Skip to content

Volta Félix Rodríguez de la Fuente

08/02/2010

O próximo 14 de Marzo cúmprese o triséximo aniversario da morte de Félix Rodríguez de la Fuente, pioneiro na defensa da natureza dentro do estado español e realizador de documentais para radio e televisión. Con este motivo, TVE volta a emitir dende hoxe o lexendario programa “El hombre y la tierra”, unha nova emisión restaurada con máis calidade de imaxe e que nos acompañará de luns a venres ás 19:00h na 2.  Do mesmo xeito, RTVE.es tamén ofrecerá a serie, ademais de reportaxes, fotos inéditas e un especial de contos realizados para RNE.

“El hombre y la tierra” é unha producción realizada entre 1975 e 1980, foi calificada no ano 2000 pola academia da Televisión como a mellor producción da historia na pequena pantalla. Unha fantástica nova que vai a endulzar o sopor televisivo actual, un anaco de luz para lembrar e aprender.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: