Skip to content

O rexistro dos “Non Cazadores”

12/02/2010

A caza xenera agresións á natureza, ven dando lugar a numerosos conflictos sociais e resulta éticamente reprobábel pois desenrólase con fins económicos ou lúdicos.

.

Coto do Frade colaboura na elaboración dun rexistro de persoas Non Cazadoras que leva a cabo a nivel estatal Ecoloxistas en Acción:

  • Declaro publicamente a miña condición de non cazador.

  • Reclamo o meu dereito a desfrutar da natureza sen estar suxeito á ameazas e o ruido dos disparos dos cazadores.

  • Reclamo o meu dereito a deambular libremente polos espazos e vías públicas sen estar suxeito ás restriccións e obstáculos a que da lugar a actividade cinexética.

  • Rexeito que eduquen ás novas xeracións considerando ós animais como simples obxectos, son seres con vida propia e capacidade de sentir e non podemos rebaixalos a simples dianas.

  • Declaro o meu compromiso de desfrutar da natureza responsábelmente sen perxudicala nen molestar ou afectar a terceiras persoas nen os seus bens lexítimos.

.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: