Saltar ao contido

No Patents of Seeds

04/03/2010

Coto do Frade forma parte do movemento “No Patents of Seeds”. Hoxe da comezo unha serie de actuacións encamiñadas a impedir as patentes sobre as sementes, prantas, animais de granxa e alimentos.

Preto de 200 organizacións de todo o planeta estamos alertando á opinión pública, advertindo sobre o incremento dos dereitos de monopolio sobre os recursos básicos da agricultura e a producción de alimentos. As sementes, as prantas e os animais de granxa, así como a cadea de producción de alimentos, están cada vez máis suxeitos ós dereitos de monopolio conferidos grazas ás solicitudes de patentes presentadas en todo o planeta.

Se non chegamos a deter esta sangría, o impacto afectará ós labregos, ós pequenos cultivadores e criadores, ós productores de alimentos e ós consumidores; deixar que as empresas multinacionais sexan as que controlen as sementes, significa deixar que os obxectivos empresariais  se antepoñan á seguridade alimentaria. Os labregos dependen cada vez máis das empresas agroquímicas e de sementes, quen ten o control é quen fixa os prezos. O cultivo e a cría atópase ante dificultades cada vez maiores dado que o acceso ós recursos xenéticos é cada vez máis restrinxida debido ás patentes.

A empresa estadounidense Monsanto presentou a solicitude de patente WO2008021413 que abarca máis de 1000 páxinas e 175 reivindicacións para manipular varias secuencias e variacións xenéticas, especialmente en soia e millo. Monsanto incluso vai máis aló e aínda reivindica tódalas prantas de millo e soia relevantes que conteñan estes elementos xenéticos e a súa utilización en alimentos, piensos e biomasa. Na solicitude de patente WO2009011847, Monsanto pretende a cría de gando, os animais  (leite,  manteiga e  carne). Estas patentes, así como muitas outras, presentadas por diferentes empresas como DuPont e Syngenta, son a razón pola que Coto do Frade fai un chamamento global xunto co resto de arganizacións a políticos e as oficinas de patentes para que garantan que estas patentes npon poidan ser nen sexan otorgadas.

Precisamos dun cambio radical tanto a nivel lexislativo como tamén na práctica das oficiñas de patentes para eliminar esta atrocidade. Non debería estar permitido que as empresas continúen utilizando mal e monopolizando as sementes, as prantas e os animais de granxa. Do contrario, estas patentes convertiranse nun risco para aseguridade alimentaria e para a soberanía alimentaria rexional.

Coto do Frade fai un chamamento ás organizacións e ás persoas para que asinen a alerta global conxunta que se atopa publicada na páxina de Internet da coalición:  Alerta global contra la “Monsantorización”. Máis adiante temos plantexado días de accións globais contra as patentes sobre a producción agraria e alimentaria, Coto do Frade informará ó publico e apoiará estas actividades.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: