Luis Lamas, un héroe de nuestro tiempo
Hay posturas que dicen que si se reciclase más, la planta no se habría quedado pequeña.
-¡Sí, claro!, y si mi abuela tuviese ruedas sería una bicicleta, éste es un argumento absurdo que cae por su propio peso si miran a su alrededor.
-¿Cuáles son las tasas de reciclaje actuales en la comunidad?
-Estamos muy por detrás de lo deseable, pero me gustaría ver qué es lo que hacen los que se oponen a la incineración. Esos señores compran la fruta en bandejas de poliexpán.
-¿Qué ocurre con las consecuencias medioambientales de la incineradora?
-En París tienen una en el mismo centro de la ciudad, en Viena tienen otra y en Alemania están en los polígonos industriales. Salvo que lleguemos a la conclusión de que toda esta gente es una banda de incompetentes y gilipollas, y que los listos sean tres o cuatro ecologistas, cosa que me niego a creer, la incineración es la solución. También me gustaría no quemar carbón, pero si hago esa afirmación en Asturias, por ejemplo, me correrían a gorrazos hasta el puente de los Santos.
.
A peculiaridade do persoeiro non deixa indeferente a ninguén, de feito se non ocupara un posto privilexiado na liña dos asalariados a conta da caixa común resultaría gracioso. O problema é que iste individuo é o flamante Presidente de SOGAMA, a empresa pública menos pública de cantas existen no estado español. O pesafustán de mala sombra, un tal Luis Lamas, para defender un modelo de xestión de residuos fracasado arremete contra os ecoloxistas con argumentos estrafalarios e acusacións neolíticas.
Dende que existe o modelo SOGAMA, a xeneración de residuos en Galiza aumentou de 800 gr/hab a máis de 1000. A visión preventiva e dacordo coa xerarquía de opcións de tratamento vixente na UE nunca foi levada á práctica. Esto é: reducir a producción de residuos e a súa perigosidade, acadar a recuperación dos materiais existentes, tratamento finalista da fracción resto coas limitacións que impón a Directiva de Vertedoiros e limitar a incineración.
SOGAMA apenas recupera materiais para a reciclaxe, un vergoñento 2% que converte a Galiza na última comunidade europea neste senso. Eso sí, poucos paises no mundo poden presumir de contar cun vertedoiro onde se apilan máis 2.000.000 de toneladas de residuos incluídos perigosos. SOGAMA, polo tanto, incinera e verte cantidades inxentes de residuos reciclábeis.
A incineración é perigosa para o ambiente, para a saúde das persoas e supón a emisión de gases de efecto invernadoiro que contribúen ó cambio climático. Unha circunstancia que semella non importar demasiado á Sociedade Galega do Medio Ambiente, e polo visto, a opción elixida é crear unha planta de semellantes características no sur de Galiza, posíbelmente no Concello de Melón.
SOGAMA cobra por tratamentos que nunca chega a realizar, 51 € por cada tonelada de residuos que recibe na pranta de Cerceda. Tratamentos que só chegan a producirse a día de hoxe nun 40% (reciclaxe 2%, incineración 38%), o resto é enviado directamente ó macrovertedoiro sen tratar. Unha estafa a cidadanía e os Concellos que teñen que pagar por un servizo inexistente.
E así ata o infinito…
Os comentarios están pechados.