Skip to content

Petición de información á Consellería do Medio Ambiente…

08/03/2010

Á atención de Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia

.

Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a efectos de notificación no Apdo. de correos 32, 32400 Ribadavia, Ourense.

.

Ante a aparición no diario “La Opinión de A Coruña” da seguinte información: La construcción de una segunda planta incineradora en Galicia comienza a tomar forma. Después de varios meses en los que los miembros de la Xunta se resistían a confirmar los planes de la Consellería de Medio Ambiente de crear una nueva Sogama en el sur de la comunidad, el presidente de la sociedad pública, Luis Lamas, confirmó el domingo en una entrevista a este periódico que la idea del Gobierno de Feijóo es hacer otra incineradora “para reducir los gastos de transporte” -cada día circulan por toda Galicia una media de 30 camiones y dos trenes cargados de basura con destino a la localidad coruñesa de Cerceda-. Aunque oficialmente la ubicación de la nueva sigue siendo un misterio, fuentes socialistas apuntaban ayer al municipio ourensano de Melón como el principal candidato de la Xunta del PP para acoger las instalaciones cremadoras. Y es que el proyecto de una segunda planta no es nuevo: cuando socialistas y nacionalistas se hicieron con la Xunta en 2005, el PSdeG se encontró, a su llegada a la Consellería de Medio Ambiente, con un plan inconcluso del PP, que ya preveía hacer la incineradora del sur en este concello ourensano. Según fuentes del PSdeG, los populares habían escogido esta localidad por ser casi equidistante entre Vigo y Ourense y, además, por estar a un paso de la autovía.

.

EXPóN

O Convenio de Aarhus sobor o acceso á información, participación pública na toma de decisións e o acceso a xustiza en materia de medioambiente, así como a normativa comunitaria derivada do mesmo,  supoñen o concepto de Administración pública aberta, transparente e democrática.

En base ó mésmo, a Asociación Ecoloxista Coto do Frade SOLICITA información ó respecto da nova aparecida no xornal en cuestión, ou ben o seu desmentido categórico. Considerando dende este Colectivo que a resposta, aparte de clara, sexa remitida en breve dado o desconcerto xenerado na comarca do Ribeiro. Consideramos, de ratificarse a creación dunha pranta de incineración no Concello de Melón, un exercicio de hipocresía institucional cando o anterior proxecto “estrela” presentado polo goberno bipartito foi considerado inviábel (económica, medioambiental, saúde e social). Feito éste que se desmoronaría dende a perspectiva ética que se lle debe supoñer a “sus señorías”.  ¿Con qué cara se pode presentar en sociedade un proxecto tal logo de paralizar o anterior ?, un guión propio de Berlanga.

.

CONSIDERACIóNS

Valoramos a visión preventiva na xestión dos residuos e dacordo coa xerarquía de opcións de tratamento vixentes na UE; reducir a producción de residuos e a súa perigosidade, acadar a recuperación dos materiais existentes, tratamento finalista da fracción restante coas limitacións que impón a directiva de vertedoiros da UE e diminución da incineración.

Dende esta Asociación consideramos inaceptábel plantexarse unha política en cuestión de residuos que consume o fracaso a tódolos niveis do modelo SOGAMA. Non aceptamos un modelo que non sexa outro que o baseado na descentralización dos residuos, que sexa socialmente xusto e que evite a incineración. Consideramos tamén, que a incineración obedece única e exclusivamente a un patrón onde os intereses económicos prevalecen por riba da correcta xestión dos residuos, os cales deben recuperarse aplicando un modelo baseado na reducción, na reutilización, na reciclaxe e compostaxe da materia orgánica, e finalmente a fracción restante con tódalas garantías que marca a Directiva de vertedoiros.

Coto do Frade non acepta a incineración, sexa ésta levada a cabo no Concello de Melón ou en calquera outra ubicación. Consideramos, que a redacción do novo Plano de Residuos ten que desmarcarse definitivamente do modelo SOGAMA e plantexarse seriamente como finalidade o peche da planta de Cerceda unha vez redactado e posto en funcionamento  un modelo que nos achegue o estipulado na Directiva de Residuos. Calquera outro escenario  significaría apostar polo fracaso consumado.

Sen outro particular e agardando contestación aproveitase para remitirlle un cordial saúdo.

.

En Ribadavia a 8 de Marzo de 2010.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: