Skip to content

Convocatoria, Plantación de árbores no río Avia

18/03/2010

O vindeiro luns día 22 de Marzo celébrase o Día Internacional da Auga, co motivo desta celebración Coto do Frade plantará árbores nas ribeiras do Avia o sábado día 20, somos así de raros. A prantación de árbores autóctonas será de cen exemplares donados por un particular.

Deste xeito, Coto do Frade, pretende seguir chamando a atención sobor da situación lamentábel na que se atopa o noso río e denunciar á empresa Gas Natural-Unión Fenosa como máxima responsábel desta situación, sen esquecer, por suposto, ós outros actores da desfeita, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Xunta de Galicia que nun claro exercicio de parálisis institucional fan que non ven ou simplemente miran cara outro lado ignorando as súas responsabilidades.

Os traballos darán comezo ás 11 da mañá, tódolos que queirades participar neste acto simplemente achegádevos ó lugar. O río Avia precisa da nosa axuda, ti decides.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: