Skip to content

Lembrando unha prantación de árbores

21/03/2010

Estaba na miña casa de aluguer mirando pola ventá, un home armado cunha motoserra descuartizaba un piñeiro, un piñeiro importante, non o típico de “pirolo” plantado para a industria madeireira que valeiro de folla acada unha altura desproporcionada, perfecta para a fabricación de tablóns. Este non, este era un piñeiro de tronco groso cargado de folla e redondeado con bondade, pragado de piñas e xeneroso en sombra.

Reflexionando un pouco dentro das miñas posibilidades, miraba como era repartido en mil pedazos. A sensación era estrana, nen tan xiquera un gramo de crítica ante aquela situación, pensaba que as súas razóns tería para facelo, que aquel home precisaría leña para o inverno, ou ben, que simplemente, por algun motivo que eu descoñecía, aquela árbore non pintaba nada alí.

Como dicía, estaba reflexionando dentro das miñas posibiliades, para concluir na capacidade destructiva do ser humán, como o que lle custa a natureza un puñado de anos o home é quen de destruilo en apenas cinco minutos. !Algo terrible, pensei!.

Agora, dende o segundo piso de aluguer que habito, a vista mudou de xeito significativo. Cando me achego a ventá do salón estrélome contra o edificio máis feo de Ribadavia, un edificio que denantes aparecía agazapado fronte a voluptuosidade redondeada daquel enorme piñeiro. Un edificio que agora semella estar máis cerca, como si da árbore talaran metros de solo.

.

.

O Sábado día 20 de Marzo achegamos o río Avia, alonxamos o feismo. 130 árbores e un proxecto para mellorar o noso entorno, para tentar que un insignificante curso de auga algún día volte a ser o río que tod@s coñecimos. Grazas a tódol@s que participaron deste acto e agardemos que  nun futuro esas árbores nacidas do agarimo sexan un símbolo dunha mudanza necesaria e urxente. A vida non pode agardar máis, precisa de tod@s.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: