Skip to content

Espazos protexidos, a mentira global

08/04/2010

A gran barreira de coral está composta por preto de 3000 pequenos arrecifes e máis de 900 illas ó longo de 2600 kilómetros no océano Pacífico. Alberga 400 tipos de corais e máis de 4000 moluscos, 1500 especies de peixes tropicais, é o fogar de inunumerábeis especies en perigo de extinción. Todo isto atópase en risco dende o pasado fin de semana cando un cargueiro chinés encallaba logo de penetrar 12 kilómetros nesta zona protexida e considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Este é o ultimo dunha serie de accidentes que ó longo da costa australiana se veñen dando dende hai máis dunha década, e que pon en entredito as figuras de protección que en diferentes lugares do planeta pretendían salvagardar o patrimonio natural. A falla de organización e a vulneración dos acordos entre os diferentes países pon de manifesto fallos imperdonábeis no actual sistema de xestión, a falla de seguridade na navegación da Gran Barreira de Coral é o máis parecido a xogar á ruleta rusa cun dos iconos naturais máis valiosos do planeta.

Como sempre, o medio natural é un mero instrumento de propaganda, as clases dirixentes fan que non ven ou miran cara outro lado mentres non suceda nada. Ante un accidente todos semellan escandalizados, pero a realidade é ben sinxela, os cargueiros invaden de xeito sistemático ese espazo para transformar nunha autopista de carburantes a zona. Os ecoloxistas locais veñen denunciando esta situación dende hai máis dunha década, un accidente desta embergadura non é unha sorpresa para ninguén, era, simplemente,  cuestión de tempo.

Estamos destruíndo o planeta, toda a súa riqueza fica en mans do capitalismo máis cruento, seguimos avanzando.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: