Skip to content

Recuperando o río Avia

11/04/2010

A plantación de árbores artellada por Coto do Frade nas áreas recreativas de A Veronza e San Cristovo no mes de Marzo comeza a dar os primeiros pasos, a práctica totalidade da prantación semella adaptarse o seu novo hábitat. 130 freixos que pretenden cubrir unha fenda provocada pola pésima actuación (por acción ou omisión) que o home ven acometendo dende os anos 70, cando a construccción do encoro de Albarellos destruía toda a riqueza natural do río Avia, máis adiante a pésima xestión dos organismos oficiais “competentes” faría o resto, transformar o río Avia nunha morea de árbores secas lindando unha charca á que algúns pretenden calificar de río.

O río Avia é un simple curso de auga cando a empresa Gas Natural-Fenosa así o decide, chegado o verán quédase en charca, en insignificante ante unha dictadura consentida (por tod@s). Esta situación anómala ten que ser mudada, a retirada da Concesión de explotación ten que ser unha realidade, mentres tanto, só cabe agardar que uns poucos poñamos o noso grao de area para transformar pequenos anacos do noso río en algo semellante a un espazo natural.

Noraboa a tódolos que traballaron nesta plantación, ós que, a pesares da choiva, decidiron sementar conciencia e plasmar en feitos unha actitude que precisa ser colectiva, que tenta, mellorar o noso entorno ó marxe das trapalladas institucionais (din que públicas).

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: