Skip to content

O Novo Plano de chimeneas, un negocio redondo

15/04/2010

O Documento de Inicio do procedemento para Avaliación Ambiental Estratéxica do que será o novo plano de residuos de Galiza, presentado nos derradeiros meses do ano 2009,  xa certificaba o que hoxe é un anuncio oficial, o sur de Galiza contará cunha planta de incineración destiñada a destruir as materias primas contidas no residuo e a producir enerxía eléctrica para beneficio da empresa de turno (subvencionada), modelo SOGAMA sen máis.

Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente e outras lerias, daba o pislotetazo de saída en sesión parlamentar a un modelo de xestión fracasado e afastado dos plantexamentos ecoloxistas e de calquera posibilidade de achegamento neste senso. En ningún momento, aínda que en principio se comunicara esta circunstancia de xeito oficial, se tivo en conta os plantexamentos dos colectivos afectados. Ningunha reunión coas organizacións ecoloxistas, pechando calquera posibilidade a plantexamentos alonxados do groso dun negocio que se pretende instalar tamén no sur da comunidade galega.

A incineración dos residuos producen emisións de sustancias que contaminan a atmosfera, o solo e a auga e teñen efectos nocivos para a saúde das persoas, unha circunstancia que semellan esquecer os nosos gobernantes. A posibilidade de que O Ribeiro poida albergar esta planta é absoluta, se a pretensión é “diminuir” o gasto enerxético provocado polo transporte dos residuos por autoestrada, a nosa terra ten tódalas papeletas no sorteo, dende a perspectiva estratéxica tódalas liñas vermellas conflúen  nesta posibilidade. De non ser así, a nosa postura será exactamente a mesma, non á incineración sexa en Melón ou en calquera outra ubicación.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: