Skip to content

Hernández asegura que non haberá incineradora no Ribeiro

21/04/2010

O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández,  descarta a traveso dos medios de comunicación a construcción dunha planta incineradora na comarca de O Ribeiro. As declaracións en rolda de prensa e aparecidas en diferentes medios de comunicación aseguran que a planta de incineración para o sur de Galiza aínda está pendente de ubicación pero que a mésma está descartada para os Concellos de Carballeda de Avia e Melón.

Con tódalas reservas e agardando a presentación do Novo Plano de Residuos 2010-2020 dende Coto do Frade consideramos que a nova (alo menos, para os veciños da comarca) é máis que positiva e ben a deixar as especulacións xeneradas na comarca e auspiciadas por esta Asociación no banco dos descansados.

Na mesma rolda de prensa, o Conselleiro ratifica eludindo a molesta pregunta sobre a súa ubicación, que se buscará a mellor solución e medioambientalmente a menos hostil. Curioso argumento cando estamos a falar de incinerar os residuos e cando a solución para os mesmos basease no caduco modelo SOGAMA.

Unha vez máis, repetimos, a xestión dos residuos ten que ser descentralizada, onde prevaleza un modelo baseado na reducción e se aposte pola reciclaxe e a compostaxe  da materia orgánica. A incineración non cabe se realmente queremos solucionar o problema e recuperar as materias primas contidas nos residuos, se o único que se busca é a eficiencia económica como é o caso que non conten con nosco para nada. Como dixemos nun anterior artigo; Non a incineración sexa no Ribeiro ou en calquera outra ubicación.

Enderezo nova: http://www.laregion.es/noticia/

    Os comentarios están pechados.

    %d bloggers like this: