Skip to content

Os amieiros do río Avia non poderán ser talados

21/04/2010

Finalmente as recomendacións, análises, traballos de campo e denuncias de Coto do Frade levan as administracións competentes (Xunta de Galicia, Estado Español) a tomar medidas de prevención contra a plaga dos amieiros que sofren as beiras do río Avia.

Finalmente as mostras recollidas por esta Asociación e enviadas a Estación Fitopatolóxica do Areeiro serán tidas en conta á hora de actuar nas áreas referidas. As conclusións do traballo desenrolado por esta Asociación dende o mes de maio de 2009 onde xa alertamos da posibilidade de que a pandemia puidera estar relacionada coa acción do fungo Phytophora Alni, son agora unha realidade que pon de manifesto a desastrosa xestión levada a cabo polas diferentes administracións con competentecias neste senso, ignorando as recomendacións que en todo momento fixo este Colectivo. Un ano perdido e un ano enteiro sementando esporas do fungo por todo o cauce do río Avia foi a resposta, un desastre maiúsculo provocado e consentido por aqueles que, supostamente, ocupan cargos políticos para salvagardar o medio acuático.

Coto do Frade, como o fixemos por escrito ante a Confederación e a Consellería do Medio Rural no seu momento, ponse a disposición das administracións unha vez máis, para traballar seriamente e buscar solucións que recuperen o noso río ó seu estado natural.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: