Skip to content

O caso brócoli

06/05/2010

Como ben sabedes, as patentes sobre alimentos transxénicos son unha das penurias da sociedade actual. Hoxe querémosvos falar dunha nova volta de torca a este atentado contra a biodiversidade, que fomenta a dependencia e o endebedamento dos labregos e labregas deixando nas mans duns poucos o futuro da alimentación mundial.

.

A Oficina Europea de Patentes, na Alta Cámara de Recursos, está preparando unha decisión fundamental pro futuro dos alimentos, xa que determinará a medida en que poden ser patentados os procedementos de obtención de plantas e animais convencionais. Esta opinión sen precedentes da Cámara, que se emitirá en breve, será o resultado da avaliación da transcendecia que os desenvolvementos tecnolóxicos teñen sobre as excepcións de patentabilidade do artigo 53 (b) EPC (Convenio Europeo de Patentes), sobre a non concesión de patentes ás variedades de plantas ou animais ou ós procesos esencialmente biolóxicos pra produción de animais e plantas.

É dicir, estas grandes empresas, Monsanto, Syngenta….buscaron durante anos os rescoldos legais existentes pra poder patentar procesos biolóxicos tradicionais e, desgraciadamente, quizáis estén a piques de conseguilo. Se esto ocorrese crearíase un importante precedente pra que estas empresas transnacionais estivesen no seu dereito de esixir a propiedade exclusiva, non soamente sobre sementes e animais modificados xeneticamente, senon tamén sobre a biodiversidade existente e os métodos de cultivo e de crianza tradicionais (Só un dato sobre a agresividade destas empresas: na última década, Monsanto invertiu máis de 10 mil millóns de dolares na adquisición de empresas sementeiras e produtoras agrícolas). A reprodución tradicional de animais e plantas será reclamada pola industria como inventos propios. Demencial.

Diferentes organizacións, entre as que nós contamos, firmamos xa un manifeso global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais, apoiado por centos de organizacións de todo o mundo coa simple pretensión de preservar a seguridade alimentaria pras xeracións vindeiras. A audiencia decisiva sobre o caso do brócoli durará dous días, 20 e 21 de Xullo na Oficina Europea de Patentes de Munich, onde está prevista unha conferencia anterior, 19 de Xullo, e manifestacións contra as patentes sobre plantas convencionais que terá lugar no mesmo Munich o día 20 de Xullo, ó inicio da Audiencia diante da OEP por parte das organizacións contrarias a estas decisións de puro terrorismo medioambiental.

Se queredes obter máis información sobre este tema, entrade en www.no-patents-on-seeds.org

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: