Skip to content

Gas Natural deixa a Veronza en pelotas

13/05/2010

Gas Natural (Fenosa) ven de perpetrar unha poda de árbores na área recreativa de A Veronza que non deixa indiferente a ninguén, ó mal gusto dende a perspectiva estética cabe sinalar o nulo respeto que amosa tanto polo medio natural como polos veciños da comarca. Unha situación que non poderiamos catalogar de anormal dentro do funcionamento da empresa, a ninguén sorprendemos se dicimos que os terratenientes do século XXI nunca foron precisamente meticulosos en cuestión decorativa, o cabledado que padecemos sobor as nosas cabezas non é un canto a beleza que digamos, centos de kilómetros por onde descurren centos de millóns de euros con total impunidade sen orixe nen dirección aparente. Agardar, polo tanto, un mínimo de sensibilidade á hora de levar a cabo traballos como o referenciado non entra no sentido nen orientación da multinacional, acostumada a actuar con absoluto despotismo alí onde os requerimentos dos seus intereses se fan latentes.

Falemos polo tanto, con ánimo despectivo, dunha actuación perniciosa co medio natural e altamente ofensiva cara á poboación local. Unha vez máis, insultan ós veciños e deixan en pelotas as nosas árbores coa permisividade do poder político. Outra provocación que sumar a un rosario de prácticas abusivas propias da idade media, a identidade  social dos nosos ríos está privatizada e falar de dominio público en espazos como A Veronza resulta unha tomadura de pelo. Eles mandan, eles deciden e eles lévanse os cartos, así de simple.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: