Skip to content

Acción conxunta contra a reforma da lei do solo do goberno PP

04/06/2010

Coto do Frade en colaboración coa FEG e a Rede Galiza non se Vende presenta unha serie de escritos dirixidos as administracións estatais co ánimo de denunciar o abuso que supón a nova Lei de Solo que tenta impoñer o goberno na Xunta de Galiza.

A idea é que cada Colectivo ou persoa individual que así o consideren os imprima e asinen para amosar o noso rexeitamento a este  ataque contra a biodiversidade e a paisaxe do noso territorio. Unha acción a nivel de toda Galiza que busca denunciar esta situación e que pretende bombardear con escritos as administracións competentes solicitando a súa paralización inmediata.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: