Skip to content

Xornada informativa do novo Plan Hidrolóxico

09/06/2010

O xoves día 3 de xuño tivo lugar no centro comarcal do Ribeiro unha xornada informativa sobre o novo plan hidrolóxico, que se esta a ultimar, a cargo de representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Coa publicación do Real Decreto 266/2008, de 22 de febreiro, divídese o que era antes a Confederación Hidrográfica do Norte en novas confederacións, a do Miño-Sil (que inclúe o río Limia) e do Cantábrico, con sedes en Ourense e Oviedo.

Asistiu bastante xente, que fixo que a sala quedase pequena, o que demostra o grande interese que suscita o tema. Falouse da Directiva Marco da Auga, que é a norma europea que regula o uso e xestión da auga, e como o Plan hidrolóxico é o instrumento para desenvolver os obxetivos desta directiva, que son básicamente acadar un bo estado ecolóxico das diferentes masas de auga (continentais e costeiras) antes do ano 2015. O que se pretende e regular o uso dos recursos hídricos, a concesión de dereitos de uso privativo, controlar a calidade da auga, a proxección de novas infraestructuras hidráulicas, establecer zonas protexidas e recuperar as degradadas entre outra cousas. Os técnicos resaltaron o bo estado xeral que presentan as masas de auga e falouse unha vez mais do caudal ecolóxico mínimo que se ten que garantir para que un río siga sendo río.

Nos esperamos que este plan sexa unha ferramenta eficaz para a conservación dos recursos hídricos, ainda que as veces pareza que dende europa están mais preocupados polo tema que as propias administracións do país. Pensamos que, a marxe das análises químicas, a percepción que ten a xente dos ríos é que están bastante estragados. Moitas veces cheos de algas e de porquería por mor dos verquidos incontrolados, onde escasean os peixes e demais fauna. Tamén nas beiras, que forman parte dos ríos, a vexetación riparia escasea cada vez mais, o que contribúe a súa degradación. Sobre os caudais ecolóxicos temos moitas experiencias negativas, lembrando sen ir mais lonxe o acontecido no río Avia o verán pasado, que mais que un río parecía unha charca. Xa había lexislación sobre o tema, o malo é que non se respeta.

Son só algúns exemplos do que acontece cos nosos ríos. Como di a propia Directiva Marco “a auga non é un ben comercial como os demais, senon un patrimonio que compre protexer, defender e tratar como tal”. Se cadra esto e certo só para os que non temos un exercito de avogados detrás e non pensamos que o río e noso, senon de todos.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: