Skip to content

Nova estafa de Gas Natural Fenosa no encoro de Frieira

15/06/2010

A construcción de presas nos ecosistemas fluviais, ademáis de transformar radicalmente as condicións do lugar onde se instalan xenerando augas máis lentas e profundas e rachando os parámetros naturais (físico-químicos) supoñen, tamén, a formación de barreiras infranqueabeis que impiden o libre tránsito das especies piscícolas, como consecuencia, a perpetuación natural das especies está en risco. O único xeito de protexer as diferentes especies que se desenvolven nos nosos ríos é a construcción de escalas de peixes, pasadizos a traveso dos cales poden sortear o obstáculo e que permiten o seu libre movemento.

O encoro de Frieira é un claro exemplo de desfeita ambiental, logo de case 40 anos dende a súa construcción as deficiencias estructurais e as mentiras da empresa Gas natural-Fenosa amparadas por gobernos de tódalas cores están a condear á última especie migradora do río Miño a súa desaparición. A presenza de anguías no río Miño comeza a semellar simbólica ante a imposibilidade de completar o seu ciclo vital.

Gas Natural-Fenosa presentaba un proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no encoro de Frieira, na súa marxe dereita, no ano 2005, un aproveitamento referido ó caudal ecolóxico e que pretendía (e consegue) entubar o río Miño. Logo dos diferentes trámites “legais” acadaba o seu obxectivo. O proxecto presentaba a construcción dunha escala angueira que ía a dar solución ó problema. O resultado, unha vez posta en funcionamento a nova central, resulta insultante, a escala anguieira só é un capturadeiro.

Coto do Frade quere manifestar a incompatibilidade deste proxecto coa perdurabilidade da especie, un engano, xa que a referida escala remata nunha piscina onde quedarán atrapadas as anguías para ser conducidas a outros ríos. É dicir, pretenden exterminar a anguía do río Miño, o “sistema de franqueo” está deseñado para este fin. Unha escala por onde subir as especies migradoras que non ten saída ó outro lado da represa, que morre dentro das instalacións do encoro nun féretro de plástico. Do mesmo xeito, as especies que por tendencia biolóxica traten de descender o río Miño (anguías e salmónidos) non teñen outra saída que non sexan as turbinas, provocando a súa morte por estrangulamento ou embolia gaseosa.

Coto do Frade considera ilegal este “sistema de franqueo”, segundo a lexislación vixente o movemento das especies piscícolas ó longo dos ríos ten que estar garantido e calquera estructura que o impida ou limite ten que acondicionarse para dito fin. Así aparece recollido na antiga “Ley de Pesca Fluvial de 1942” vixente cando se constrúe o encoro, a “Ley de Aguas de 1985” (modificada en 2001), a Directiva de Hábitats (92/43/CE),  así como a Directiva Marco de Aguas (Directiva 2000/60/CE). O encoro de Frieira imcumpre as leis referidas, a non ser que as anguías estén en condicións de voar, nese caso, rogamos se nos cumunique. O artigo 64 da “Ley de Aguas” e o artigo 161 do “Reglamento del Dominio Público Hidráulico” establecen cómo poden declararse caducas as concesións:

¡) “Por incumplimiento de las condiciones de la concesión (respeto a la legislación ambiental: caudales ecológicos, libre movimiento de los peces).

Perfectamente aplicábel neste caso.

Coto do Frade, tamén, quere denunciar, que a escala “teleférico” construída no ano 2002 e subvencionada nun 40% con fondos da  Unión Europea, a día de hoxe aparece semidestruída e fora de servicio. Un modelo denunciado no seu momento por Coto do Frade e presentado como a solución ó problema que constitúe o encoro para as especies migradoras. Unha vez máis, Gas Natural-Fenosa antepoñendo os seus intereses sortea a legalidade expoliando o dominio público hidráulico.

https://cotodofrade.wordpress.com/2009/01/11/824/

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: