Skip to content

II andaina pola defensa do Avia

02/07/2010

Ó igual que acontecera o ano pasado por estas datas, Coto do Frade convídavos a tod@s a un roteiro pola beira do río Avia para chegares até o concello de Leiro, remontando o curso natural do río, onde poderemos observar as enormes falcatruadas perpetradas dende as diferentes administracións ó auspicio da empresa Gas Natural-Fenosa no último ano.

É que recordemos, trala seca que se comezou a producir nos amieiros (Alnus glutinosa) pola presenza dun fungo (Phytophora Alni) a mediados do 2009, éstos comezaron a debilitarse (situación denunciada por Coto do Frade ós organismos (in)competentes que, coma sempre, fixeron o seu traballo moi de vagar). Agora ben, non contentos con isto, permitíronlle á empresa Gas Natural-Fenosa convertir o río Avia en pouco menos que unha charca ó non soltar ésta nin un só litro de auga entre agosto e outubro do 2009, chegando a secarse o río en numerosos tramos no periodo que comprende do 15 de setembro o 15 de outubro, o que provocou, ademáis da proliferación de especies invasoras que permanecían en estado latente, a morte final dos poucos amieros que quedaban en pé.

Non quixeramos esquecernos tampouco da falta de profesionalidade levada a cabo pola  escola taller de Ribadavia na que os seus alumnos e alumnas, masters tod@s en desbroce, fixeron unha labor excelente na propagación deste fungo. Queremos recalcar neste punto que a culpa non é del@s, senon de quen permite a limpeza dunha zona infestada a alumn@s que todavía están aprendendo e acusan falta de teoría en supostos prácticos que poden ter consecuencias nefastas.

Como non todo o que se fai no Ribeiro ten afán destructor, inda que non se pretenda, claro está, convidámosvos de novo a unha acción positiva, ó igual que a plantacións de árbores de marzo que xa están agromando para o disfrute de tod@s, fundamentalmente dos peixes e demais habitantes do río, que agradecerán as sombras destes freixos para superar as altas temperaturas que cada ano se superan por esta época estival.

Lembrámosvos que a quedada pro roteiro farémola na Praza Maior, o domingo 11 de xullo ás dez da mañá. Non esquezades levar a vosa propia comida así como roupa cómoda. Quedades tod@s convidados, tanto soci@s coma non soci@s, pra este segundo roteiro en defensa do noso río Avia.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: