Skip to content

Tempo de Verán

28/07/2010

A semana pasada achegámonos uns cantos amigos até as pozas de Melón. Fumos o Tourón, un lugar marabilloso o que hai que ir unha vez cada ano en peregrinación, como se da Meca se tratase. O marcharnos de alí sentíamonos máis libres, máis conectados coa natureza e co espírito renovado. Pero según nos alonxabamos volvíamos a cruda realidade. Un fume se vislumbraba na distancia. Sorprendidos fumos baixando cara a vila, sen perder nunca o rastro que ía deixando o fume. ¿Onde estará?, nos preguntabamos sorprendidos uns ós outros, pero coa resignación de saber que isto, por desgraza, é o conto de tódolos anos.

A miña sorpresa foi maiuscula, estaba ardendo en plena Arnoia. Posiblemente se ardese noutro sitio tamén me sorprendería, pero é que estaba ardendo moi preto das casas. É normal que cando se pon en perigo a vida da xente, salga a relucir un sentimento de soliedariedade maior que se arde só o monte. Condición humán supoño.

Non imos falar esta vez de estatísticas, nin de hectáreas queimadas. Tampouco do Comité pola Defensa do Monte Galego ou dos traballos, mellores ou peores, que está levando a cabo a Xunta ou as empresas privadas contratadas pra tal mester. Non queremos recordar grandes incendios do pasado, ou anos terribles pro noso país como o do 2006, que parecía que íamos ter que marchar todos de eiquí ou morrer calcinados xunto co verde do monte que nos ampara e da cobixo.

Tampouco imos darvos recomendacións ou consellos sobre o que debedes ou podedes facer. Se tedes que denunciar ou chamar o Seprona ou 112 se vedes algo sospeitoso. Ou que teñades coidado se facedes queimas, ou un churrasco, ou mesmo se andades de paseo e non tedes coidado coa cabicha dese cigarro que acabades de rematar. Non.

Só queremos, por esta vez, apelar ó sentimento de seres humáns. Os que temos a capacidade de facer ou destruir o noso antoxo. Somos capaces de pasar por un territorio sen que apenas se teña constancia de nós e, tamén, somos capaces de pasar polo mesmo sitio e parecer que pasou por alí unha manada de seres horripilantes, cuxo único fin era a destrución total do que ahí había, sen importar a vida do resto dos seres que alí viven ou vivirán. Pois ben, noso é o poder de decidir. E o que decidamos agora, condicionará a toda a especie humán e o resto do planeta. Pola miña parte opino que se todo vai pro carallo, espero estar ahí pra velo. Fixádevos en min nese intre, serei o que teñe un aceno na cara de ton sarcástico, como dicindo: “…xa vo-lo advertimos”.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: