Skip to content

5000 anguías liberadas de Gas Natural Fenosa

13/08/2010

Coto do Frade está a desenrolar no encoro de Frieira uhna nova campaña de verán encamiñada a salvagardar a presenza da derradeira especie migradora do río Miño, a anguía. Como tódolos anos por estas datas, e coincidindo coa chegada da especie logo de atravesar o océano Atlántico, estamos a traballar na zona para axudar a franquear as instalacións de Fenosa e que as anguías poidan chegar a ser adultas nos nosos ríos e regatos. Outra cousa será a baixada para voltar ó océano e completar o seu ciclo vital, os grandes encoros así como a maioría das centrais de menor embergadura non están dotadas de ningún sistema de franqueo, o futuro dos exemplares adultos (femias) e ben claro; morrer troceadas ou reventadas pola presión ó ter que pasar polas turbinas cando descendan o río. A ilegalidade na que balbucea a empresa co consentimento das administracións galega e estatal resulta máis que insultante, conculcando o expresamente citado na antiga lei de pesca de 1942, a lei de augas de 1985 (modificada en 2001) e as directivas 92/43CE de hábitats e a 2000/60CE de augas. A deixadez administrativa e a desidia social están a ocasionar unha merma cuantitativa da especie que poderiamos calificar de definitiva se non se poñen en marcha os mecanismos necesarios que muden a situación actual, esto é, que dunha vez por todas as empresas explotadoras dos recursos biolóxicos e hidrolóxicos galegos cumpran a lexislación vixente, sendo a construcción de escadas anguieiras que permitan o libre transito das especies a única solución real xunto coa demolición das represas que non poidan adaptarse a dita lexislación. O resto, “palabrería de soplapollas” con cargo á caixa común.

O traballo que está a desenrolar esta Asociación na actual campaña está acadando mellores resultados que noutras ocasións, sendo as “capturas” moi superiores, falamos en tres xornadas de aproximadamente 5000 exemplares trasladados ó outro lado do encoro. Un resultado máis que satisfactorio tendo en conta os escasos medios cos que dispomos, as trapalladas da administración e a persecución da empresa. Unha loita incesante que perdura no tempo logo de 16 anos e que só pretende un río con vida, libre onde as diferentes especies que conforman o seu endeble hábitat teñan unha oportunidade máis aló do féretro que a empresa Gas natural-Fenosa ten instalado en Frieira, un xigantesco cemiterio ancorado na ilegalidade e na burda manipulación.

  • Se desexas participar nesta campaña ponte en contacto no correo electrónico da asociación.

Os comentarios están pechados.