Skip to content

Habemus magosto

05/11/2010

Fai tempo, nos propios soutos e coincidindo coa tempada da recolleita das castañas, facíanse unhas fogueiras para asalas e comelas ben acompañadas de viño. A xente bailaba, xogaba… Era o magosto.

Esta celebración deriva dun rito da prehistoria de gratitude á divinidade dos bosques polas primeiras castañas da colleita. O día propio do magosto é o primeiro de novembro cando a meirande parte dos ourizos ainda están pechados e para obter as castañas hai que pisalos, o que se facía cos pes nús en tempos. Aqueles homes consideraban que as castañas eran froitos producidos pola divinidade, xa que non polo seu traballo, e á divinidade pertencían.

Antiga é a tradición de celebrar a festa do magosto a tarde do primeiro de novembro, pouco antes de que sonar as campás lembrando a festa de defuntos. En xeral denomínase magosto a todo asado de castañas en calquera momento do día e en calquera lugar, xa sexa no monte ou no souto, sendo o acompañamento ideal un viño de colleita propia.

O magosto é de feito unha festa de infancia e xuventude. Esquecida xa en moitos lugares, era costume dos rapaces xuntar leña, toxos, polas para facer o lume. O día de Tódolos Santos, pola tarde, reuníanse os rapaces nun coto onde asábanse as castañas que levaban tódolos nenos e nenas. Namentras asábanse as castañas bailabase arredor do lume.

A tradición di que é malo apagar o lume das castañas ou cuspir nel, tampouco pode apagarse de súpeto. Hai que deixalo consumir de vagar, e si queda lume cando acaba o magosto deíxase arder, posto que é a noite das ánimas e veñen quentarse.

A castaña asada cónsumese en toda Galicia e tamén en todos os lugares en que teñen castañas onde tamén se asan nas rúas. Dende Nova Iorque ata Hong Kong. Nas cidades foron típicas as castañeiras. Os carros de asar castañas imitaban as locomotoras de aqueles tempos. Todavía hoxe se poden ver nalgunhas cidades.

A presencia da castaña e do castiñeiro e notable na nosa literatura. Os nosos poetas e escritores ofrecen abundantes referencias sobre este tema.

Algúns autores como Antonio Fraguas compuxeron versos tan fermosos como este:

Debaixo do castiñeiro

da gusto parrandear

como teña folla ancha

non deixa entrar o luar.

Eduardo pondal lembrou os vellos celtas neste poema:

Castaños de Dormeás

os do corpo ben cumprido,

de graciosa estatura

dobrados e ben seguidos.

Ou castaños semellantes

os celtas nosos amigos

a quen as edras demostran

amor con abrazo amigo.

Ou este outro anónimo:

Xa chega o mes de novembro

coas castañas a pingar,

o magosto pide lume,

que as fogueiras boten fume

pa quen se queira quentar.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: