Skip to content

Aprobado o Plano de Residuos 2010-2020

14/01/2011

O Consello da Xunta ven de aprobar este mércores o novo Plano de Residuos 2010-2020, onde se ratifica o exposto no documento de incio apresentado en Maio de 2010, é dicir, a incineradora para o sur da Galiza e a continuidade do modelo fracasado SOGAMA é xa unha realidade. O eixo fundamental para a xestión dos residuos galegos ven dado pola construcción e posta en funcionamento dunha planta incineradora para o 2014 que sumará un investimento próximo ós 300 millóns de euros, e a ampliación das instalacións de Cerceda.

Dentro das políticas marketing-verde, o novo Plano de Residuos a modo de travestismo mal intencionado, plantexa a construcción de oito plantas de compostaxe cun montante económico de 81,5 millóns de euros. Ademais, da planta de compostaxe no complexo do sur, que implicará 22 millóns de euros de investimento, construirase outra nas instalacións de Cerceda, por un importe de 13 millóns de euros, e outras seis en localizacións aínda por determinar que suman un orzamento de 46,5 millóns de euros. A éstas engadiranse 11,4 millóns para plantas locais.

En definitva, e para rematar co síncope que provocan as cifras, máis da metade do presuposto total que ronda os 500 millóns de euros irá encamiñado á construcción da SOGAMA do Sur, incluido vertedoiro para os rexeites. Unha infraestructura que superará en capacidade á de Cerceda para consolidar un modelo manifestamente fracasado e que vive de costas ós plantexamentos da Directiva Europea (2008/98/CE), que recolle como derradeiras opcións dentro da xerarquía para a xestión dos residuos á incineración e o depósito en vertedoiro.

En canto á ubicación da Incineradora do Sur, nada se sabe e todo se sospeita, como dixemos nun anterior artigo recollendo as declaracións de Agustín Hernández, agárdase ás municipais de Maio para tomar esa decisión. Decisión que dormita baixo a alfombra do despacho para non influir nos veciños de turno á hora de elixir ó seu respectivo alcaldete. Democracia “a la carta” para comensales nada esixentes, dóciles por natureza e diarreicos en actitude.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: