Saltar ao contido

A estafa do PP

20/01/2011

As declaracións publicadas en diversos medios, o pasado mércores, polo excelentísimo Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar – lembrando a súa oposición ó anterior modelo de xestión do lixo plantexado polo bipartito, asegurando que non se faría en Carballeda de Avia nin no Ribeiro, gañándose naquel momento un importante número de votos, da man do señor Feijóo – fannos reflexionar sobre a auténtica tomadura de pelo dos señores do Partido Popular á cidadanía galega, agora que están eles no poder:«A aquilo dixemos que non  e temos que ser coherentes e defender o mesmo agora neste momento. Polo tanto, para O Ribeiro non, e cando digo Ribeiro digo toda a zona do Ribeiro».

A palabra coherente tórnase en incoherencia, que é a que ten o rexedor ourensán ó tratar de defender os seus argumentos. Ocorre que no Ribeiro debemos ser especiais e por iso non podiamos ter esta macroplanta, segundo as súas propias palabras. Pero, ¿Qué pasa agora?. ¿Suponse que esta nova opción é mellor?. Outra macroplanta, esta máis grande se cabe, que se situará non se sabe moi ben onde, pero que ademais inclúe, como regalo póstumo de Nadal, o perigosísimo engadido para tódolos galegos da aposta decidida, outra vez, da incineración. Polos mesmos motivos que defendeu tamén, dende o seu cómodo despacho santiagués, o conselleiro de Medioambiente Agustín Hernández “El parque de residuos de Carballeda de Avia no lo vamos a hacer, ni es viable ni es lógico”. Nos preguntamos cómo se pode facer algo demostradamente pernicioso pro medioambiente e o conxunto da cidadanía, segundo as súas propias palabras, co único argumento de que situalo noutro sitio xa é a solución.

Polo de agora non se sabe onde se vai ubicar esta incineradora, pero dende Santiago xa se manifestou que esta será en Ourense, no límite con Pontevedra “La nueva incineradora debe estar en el sur de Ourense, en la frontera con Pontevedra”e como se dixo anteriormente, ben comunicada pola autovía. As opcións son poucas e coñecidas. A consigna parece ser prender a chama dende San Caetano, que despois xa se encargarán o Baltar e o Rogelio de ir apagándoa para que non lle estoure nas mans, buscando “o lugar idóneo” para incinerar. Pero, ¿cal é este lugar santo onde tódalas negativas doutros alcaldes aquí se fan realidade?. ¿Cara onde vai a peregrinación nas negociacións da ubicación da incineradora?. Quizais cara as municipais do mes de Maio. Probablemente aí remata esta longa peregrinaxe que xa ten máis dun ano.

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade esixe publicamente que se diga abertamente cales son este tipo de negociacións na procura dun lugar para a macroplanta incineradora. Con quen se están facendo estas xestións, de que xeito e de que forma.

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade é radicalmente contraria á incineración, sexa cal sexa o lugar elixido, esixindo neste sentido unha nova planificación na xestión do lixo para cumprir cos obxectivos de recuperación establecidos na normativa europea, reducindo a capacidade incineradora actual da propia Sogama e desbotando a planificación dun novo plan que redunda no mesmo.

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade posiciónase en contra da xestión dos residuos sólidos urbáns do Sur de Galiza concentrados nun macropolígono, maquillado coa posta en funcionamento dunhas insuficientes plantas de compostaxe, medidas recicladoras e de prevención. Esta Asociación aposta dun xeito claro e contundente, pola xestión a nivel comarcal en pequenas plantas, onde o impacto medioambiental é mínimo, o aforro enerxético faise evidente e os resultados acadan a máxima eficacia. Rexeitamos a idea dunha Planta Sur que xestione os residuos sólidos urbáns das provincias de Ourense e Pontevedra, xa sexa no Ribeiro ou en calquera outro lugar.

Nos documentos a continuación podedes consultar o escrito que entregamos para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como a contestación desta, en relación a incineradora, a súa ubicación e o plantexamento a seguir na redacción do PXRSUG:

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: