Skip to content

Reunion da plataforma “Incineranon”

27/01/2011

 

 O martes 25 de xaneiro reuniuse na Casa da Cultura de Ribadavia a coordinadora da plataforma incineranon. Esta plataforma constituiuse a mediados do ano pasado co gallo de mostrar a súa oposición á incineradora coa que nos quere agasallar a Xunta, e que será construída próximamente no sur de Galicia.

 Esta reunión convocouse para informar e incorporar aos distintos colectivos e asociacións que se queiran adherir á iniciativa. Alí estiveron representantes de distintos colectivos e de asociacións de veciños de concellos do Ribeiro, e tamén de algún concello da provincia de Pontevedra.

 Cabe decir que os representantes e convocantes desta plataforma son os mesmos que os do “Si o Parque Medioambiental”, ainda que matizaron que ambas plataformas pretenden ser independentes unha da outra.

 Falouse do que ten sido o proceso de adxudicación irregular (a dedo) da incineradora aproveitando o concurso eólico. Falouse da posible ubicación desta planta, sendo os concellos que están á beira da autoestrada, dende Cea ata Salvaterra, os que teñen mais posibilidades, sin descartar ningún outro que se atope na zona limítrofe entre as dúas provincias.  Díxose que ainda que non sexa ubicada no Ribeiro, os efectos deste tipo de plantas teñen un alcance de varios kilómetros. Tamén que en ano e medio ou dous, a incineradora podería estar xa operativa.

  A coordinadora invitou aos distintos colectivos a sumarse a esta iniciativa, solicitando opinións e suxerencias para as actividades que se pretenden levar a cabo para manifestar a oposición da cidadanía a esta aberración contra o sentido común.

 Iranse convocando reunións para establecer a accións a levar a cabo, estando abertos á incorporación, en calquera momento, de asociacións que se queiran sumar.

 Coto do Frade está en contra da incineración como forma de xestión do lixo, e oponse á construcción desta planta en calquera sitio no que se ubique. Aínda así, Coto do Frade non se vai adherir a ningunha plataforma, como non o ten feito en outras ocasións, posto que este tipo de iniciativas case sempre xurden con certo cheiro político. Coto do Frade apoiará puntualmente esta iniciativa nas accións de protesta que considere oportunas. Si ben é certo que Coto do Frade ve como moi positivo o xurdimento da plataforma Incineranon, tamén será consecuente coa súa traxectoria no tocante a este tipo de mobilizacións.

 Para mais información sobre a plataforma, consultar on enderezo electrónico

www.incineranon.wordpress.com

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: