Skip to content

Día da Loita Campesiña

12/04/2011

O 17 de abril de 1996, dezanove campesinos do Movemento Sen Terra do Brasil  foron asasinados na localidade de El Dorado dos Carajás, no estado do Pará. A raíz deste feito, coñecido internacionalmente como a masacre de El Dorado, estableceuse o 17 de abril como Xornada Mundial da Loita Campesiña.

Como xeito de lembrar e conmemorar, as organización de campesinos, indíxenas e traballadores do rurais de todo o mundo, mobilízanse, exprésanse e convidan ás organización sociais e populares a manifestarse tamén nesta xornada contra o modelo agropecuario das grandes corporacións económicas e dos organismos interncionais de comercio e finanzas (FMI, OMC, Banco Mundial…), e a favor dun desenvolvemento rural con campesinos, con comunidades indíxenas, montes e biodiversidade.

Coto do Frade quere aportar o seu gran de area para conmemorar este día. Para elo quedades convidados aos coloquios e concertos que estamos a preparar para este venres 15 de abril no Café Aljama. Contamos con vos!!

15 de abril de 2011

No Café Aljama (Ribadavia)

20.30 h Palestra-Coloquio

            Agroecoloxía. Experincias en Ourense e no Ribeiro”

22.00 h Petiscos para todos

22.30 h Concertos.

           The Churumbells

           Tristetto

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: