Skip to content

Xornada da Loita Campesiña

27/04/2011

O pasado venres día 15 de abril, conmemoramos o Día da Loita Campesiña no bar Aljama.

Comezamos cunhas charlas onde tres amigos nos relataron as súas experiencias no eido da agricultura ecolóxica, que é a agricultura que se fixo sempre, sin pretender envelenar a niguén.

José Antonio contounos como fai viño a partir de uva ecolóxica, o difícil que é obter axuda das institucións públicas, que as veces semella que a súa especialidade e por un pau na roda para dificultar o traballo, e como é case imposible vivir exclusivamente desta actividade. Aínda así él ten esperanza, posto que o viño, sexa aquí ou en Madrid, vaise vendendo.

Belén relatounos a súa experiencia como labrega de horta ecolóxica. A súa aposta por vivir deste xeito, sen adicarse a outra cousa e vendendo os seus produtos nas feiras e mercados locais. Hoxe en día, nun país onde os macrocentros comerciais están de moda, para facer esta aposta hai que ter moita personalidade.

Por último Bernardo falounos de soberanía alimentaria. De cómo as grandes multinacionais agoalimentarias e agroquímicas patentan sementes que mesmo as veces pertencen os labregos (sobre todo en países subdesenvolvidos) para que teñan que comprar logo a súa propia semente, ou de como os explotan en macroplantacións.

O final houbo un coloquio onde os asistentes puideron facer preguntas. Unha das conclusións nas que máis incidiron os nosos invitados é que aínda que os produtos ecolóxicos son máis caros que os convencionais, todo é cuestión de prioridades.

Logo deste coloquio, os asistentes demos boa conta dunhas empanadas e embutidos de porco celta. Despois a noite estivo amenizada polos grupos The Churumbells e Tristetto.

Dende Coto do Frade queremos agradecer a José Antonio, Belén e Bernardo que nos contaran os seus puntos de vista e as súas experiencias; o bar Aljama pola súa colaboración (como sempre); a The Churumbells, que viñeron dende Vigo, e Tristetto  dende o Ribeiro. Por último, agradecer a vosa asistencia, que o final é para quen facemos estas actividades.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: