Convocatoria asemblea ordinaria de socios de Coto do Frade
18/05/2011
A asociación ecoloxista Coto do Frade quere convidar aos seus socios a participar na asamblea ordinaria, que terá lugar o vindeiro venres 27 de maio ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Ribadavia.
Orde do día:
- Resumo de actividades realizadas dende a última asamblea ordinaria.
- Aprobación de contas (si procede).
- Elección da nova xunta directiva que plantexará as accións e actividades a seguir.
- Rogos e preguntas
Sen outro particular, recibide un cordial e ecolóxico saúdo.
A xunta directiva
Os comentarios están pechados.