Skip to content

Xa somos socios de Fiare

12/06/2011

Xa somos socios de pleno dereito de Fiare. Fiare é unha iniciativa de banca ética (palabras que non son excluíntes e que poden ir xuntas) surxida a nivel estatal e que pretende ofrecer servicios bancarios. Para elo, ten que acadar un capital social e un fondo de depósitos para poder operar como entidade financeira, de varios millóns de euros, e que ven determinado polo Banco de España. Para o capital social son precisos catro millóns de euros, e xa levan acadados máis de 2,3 millóns. Polo que respecta ao fondo de depósitos, esta cantidade xa esta cuberta dende fai tempo.  

Este tipo de iniciativas xa teñen bastante recorrido en países como Francia ou Italia, e deste xeito Fiare pretende aproveitarse desta experiencia. Trátase de empregar os cartos para financiar iniciativas que sexan  xustas e que repercutan de xeito positivo na sociedade.  Non se prestarán os cartos para mercar un coche alemán de alta gama ou un piso na praia ou para financiar iniciativas irrespetuosas co medio ambiente ou as persoas (fábricas de armas, incineradoras…). Pola contra prestaranse os cartos para iniciativas que creen emprego e enriquezan á sociedade dalgún xeito e sen contaminar, por suposto.

 Coto do Frade participa como socio colaborador como xa se acordou na última asamblea extraordinaria. Colaboramos dentro das nosas posibilidades contribuíndo  con  600 euros, recuperables cando o estimemos oportuno (sendo esta a cantidade a mínima para participar como entidade), e con 100 euros máis, a fondo perdido, que lle donamos á Fiare para que poidan facer frente aos gastos de xestión e de funcionamento.

 Dende aquí animamos á xente a que participe de xeito persoal nesta interesante iniciativa. En Galicia colaboramos 21 asociacións e arredor de 100 persoas, e en toda España 271 asociacións e máis de 1700 persoas.

Tedes máis información nos seguintes enderezos electrónicos:

 

www.fiaregz.wordpress.com

www.fiare.org

 

 

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: