Skip to content

A Consellería de Medio Rural abre a veda pra exterminación

22/06/2011

Adiantamos a postura das asociacións ecoloxistas (ADEGA, Amigos da Terra, ASCEL, SÉ, Verdegaia, Matar por matar, NON, Libera, Coto do Frade, …, polo momento) fronte á irracional orde de vedas 2011-2012 que, con graves consecuencias para a fauna, acaba de ser feita pública:

Acaba de ser publicada a orde de vedas 2010-2011 que emite a Consellería de Medio Rural. Nela podemos comprobar que segue en auxe a permisividade para co lobby da caza, permitíndolles dar tiros no monte o ano enteiro, verán incluído, co consecuente risco de incendios, violación da correspondente lei de incendios, danos ás crías da fauna e risco para os demais usuarios do monte. Pero este ano engádense uns cantos desatinos máis.

Para enuncialos por orde, diremos que, o primeiro que chama a atención, nunha “orde de vedas” se contradiga unha lei superior, cal é a lei de caza, xa que se autorizan “batidas por danos” nas zonas de “adestramento de cans” e nas “zonas de reserva”, lugares onde a lei de caza prohibe dita actividade.

Tamén se inclúe unha relación de concellos onde a caza “por danos”, ao xabaril, non precisa sequera de que devanditos danos se comproben. Entre eles destacan concellos famosos pola súa “dedicación”e “afección” aos eventos cinexéticos como campionatos, feiras, etc., como: Rodeiro, Portomarín, Chantada, Incio, etc. Todos, ao parecer e casualmente, con graves problemas de “danos”.

Pero o máis destacado é o novo apartado “d”, que se inclúe no capítulo da caza por “danos”. Refírese este apartado novo, e inédito en toda a historia da caza, á autorización de batidas por danos contra nada menos que: O raposo!!.

Gustaríanos saber que tipo de danos causou até agora o raposo que xustifique a súa inclusión na actual orde de vedas e nada menos que na modalidade de “caza por danos”. Poderá ser cazado, tamén, mesmo en zonas de adestramento de cans e nas zonas de reserva, o cal indica o “perigoso” que, de súpeto, volveuse o inofensivo raposo.

A orde prevé que, antes de autorizar as batidas, os danos han de ser debidamente comprobados. Gustaríanos saber como se van a comprobar danos que, ata que saíu esta bizarra norma, nunca viramos por parte do raposo.

Ignoramos se pensan mostrar a foto dunha galiña destripada, se confían na complicidade dos axentes encargados de certificalos, ou se autorizarán as batidas de maneira automática sempre que se presente unha solicitude.

É lamentable que a Conselleria de Medio Rural, que debería lexislar en beneficio de toda a sociedade, accedese a incluír unha norma altamente nociva para a fauna só para atender, de forma servil e sumisa, aos caprichos dun colectivo tan depredador e letal como o da caza, con total desprezo, e sen sequera consultar, aos demais axentes que tamén temos dereito a participar nestes asuntos, máxime cando a nosa meta é pór algo de sensatez nos comerciais intereses que move a caza con total desprezo polos danos que causan.

É lamentable que o colectivo da caza utilizase as súas influencias sobre unha débil e timorata Consellería para imporlle a aprobación de normas letais para a fauna, só co “antideportivo”  e ruín fin de practicar o revanchismo polas demoledoras derrotas que sufriron nos debates e ante a opinión pública, cando foron desenmascarados nos medios ao tentar mostrarse travestidos de “ecoloxistas” que manteñen o equilibrio das “alimañas” e garantes o “pan” dos agricultores.

Pouco ou nada podemos facer as asociacións cando, institucións que teñen a facultade de lexislar, que deberían servir e escoitar a todos, nos deprecian, non permiten a participación plural e só visan servir aos caprichos e chulerías do colectivo da caza.

Relacionada: http://matarpormatarnon.org/propostas-sociais-a-nova-lei-de-caza

——————————————————————————————————————————————————————

Relación de “novidades” contidas na actual orde de vedas:

Nas batidas por danos inclúese (Título IV- artigo 13 letra “b” e “d”):

“Os titulares dun Tecor tamén poderán solicitar a adopción destas medidas de control nas zonas de adestramento permanente para cans e zonas de reserva que teñan autorizadas…”

O Decreto 284/2001, de 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, prohíbeo:
Artigo 7º do regulamento (zonas vedadas)10% do tecor
Artigo 8º-2 adestramento de cans (vedadas para caza)
Lembrar tamén terreos cinexético deportivos e falsidades en POC

Hai lugares onde se poden organizar e autorizar ,de forma automática, batidas sen comprobar danos:

“Nos concellos que se relacionan non anexo IV desta orde poderanse adoptar medidas excepcionais, fóra dá tempada de caza, que tendan a reducir as poboacións de xabaril, para evitar dávos nos que causan nos cultivos agrícolas.
Nestes concellos, as autorizacións de caza por dános realizaranse de xeito inmediato, non sendo necesaria a comprobacións dúas mesmos, ao entenderse que resultan acreditados non seguimento realizado por esta consellería ao longo destes últimos anos en toda Galicia.
Por petición do titular do Tecor, vos exemplares capturados nas actuacións cinexéticas autorizadas por dános poderán non ser tidos en conta non cómputo dá cota anual de capturas”.

*Ver nota sobre o anterior asunto ao final.

Acabamos de saber que, nestes “Concellos”, colocáronse á firma de veciños documentos onde se pedía que asinasen “Quen estean en contra do xabaril”. Ou sexa unha fraude.

Inclúese, por primeira vez na historia da caza, ao raposo no apartado de caza “por danos”.

“Caza por dános”:
Título IV- artigo 13 letra “d”:…..
d) Raposo (Vulpes vulpes): co fin de apoiar a consecución dá finalidade perseguida polas actuacións de xestión realizadas nos Tecor, poderase autorizar por parte dúas servizos de Conservación dá Natureza, por delegación do director xeral de Conservación da Natureza, a realización de ganchos ao raposo nas zonas de adestramento permanente para cans e nas zonas de reserva que teñan aprobadas os Tecor. As solicitudes deberan presentarse non prazo máis breve posible a partir da detección dos dános, de xeito que permitan a súa comprobación polo servizo antes mencionado. Os solicitantes dous ganchos deberán informar por escrito dos resultados destes ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo dos 10 días seguintes aos da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos e a anulación automática dos xa autorizados”.

Cázaselle desde agosto, en pleno verán, até febreiro e no caso do lobo todo o ano:

“art.16-1-d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor poderase cazar nas distintas modalidades de caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 28 de agosto de 2011 ata o comezo da tempada regular, e desde o 7 de xaneiro ata o 5 de febreiro do 2012, os xoves, sábados, domingos e festivos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.”

Nos artigos que seguen se preocupan de que non haxa accidentes entre cazadores. E nos demais cidadáns ¿Non importan?:

“(Artigo 16-2-“a”-corzo- parágrafo 3º) Non se poderán autorizar na mesma mancha un gancho e un axexo simultáneos, nin modalidades de caza maior e menor simultaneamente. Páx.15402
(Artigo 16-2-“b”- xabaril- último parágrafo) Queda prohibido realizar, na mesma mancha e xornada, ganchos sobre esta especie e practicar a caza sobre especies de caza menor…“

…………………………………

“En terreos incluídos dentro da Reserva de Caza dos Ancares, o período hábil de caza para o corzo na modalidade de axexo será o comprendido entre o 1 de agosto de 2011 e o 15 de setembro de 2011, e poderase realizar o seu aproveitamento calquera día da semana.
…(cervo, gamo ou muflón) Dende o 9 de outubro de 2011 ata o 19 de febreiro de 2012 (antes era só ata o 31 de xaneiro) os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar, por delegación do director xeral de Conservación da Natureza, as modalidades de gancho, montaría e axexo, os xoves…”
……..

Dando facilidades para organizar “campionatos”:

“Disposición derradeira segunda.
Facúltanse os xefes territoriais da Consellería do Medio Rural para autorizar competicións deportivas que afecten a unha soa provincia e ao director xeral de Conservación da Natureza cando afecten a mais dunha ou sexan de carácter nacional”.
…………….
*Concellos onde se pode cazar ao xabaril sen necesidade de acreditar danos… inclúense todos os que organizan campionatos de raposo como: Rodeiro, Portomarín, Saviñao, Monterroso, Láncara.,non faltan). A relación completa, na orde de vedas.

Info orixinal en Matar por matar, Non

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: