Skip to content

Terrorismo si, pero de Estado

28/06/2011

Coto do Frade lamenta o espectáculo mediático, o calificativo de ecoterroristas e o desfile por cuartelillos e xulgados de activistas na defensa dos animais, que non parecen atender a máis razóns que a de criminalizar os movementos sociais actuais, pra limpar a base de medidas represoras as conciencias cidadáns a traveso do que se pode cualificar como terrorismo de Estado.

Coto do Frade súmase a repudia xeral destas detencións e esixe a libre absolución destes activistas, que nunca tiveron nada que ocultar. Engadimos uns cantos enlaces onde podedes ler diferentes visións dun mesmo problema (como por exemplo a introdución do visón americano polas granxas peleteiras, constatada polo Ministerio de Medio Ambiente español, e non dos activistas como se pode facer pensar), que dista moito do publicado en diversos medios de comunicación.

http://www.federacionecoloxista.org/modules.php?name=News&file=article&sid=898

http://matarpormatarnon.org/ecologistas-detenidos

http://novasdoribeiro.wordpress.com/2011/06/27/terrorismo-de-estado/

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: