Skip to content

Novo desastre no Avia: “como broma ya valió”

12/07/2011

Unha vez máis volvemos a asistir estupefactos a un novo episodio de contaminación no río Avia. A última tormenta, caída durante a noite, e a falla de separación entre os colectores de pluviais e residuais, conxuntamente coa inoperanza do Concello, Confederación Hidrográfica e a inestimable axuda de Aqualia, fano posible.

Coto do Frade volve denunciar, desta vez de xeito público – a pesar de que se avisou a Guardia Civil, de quen se espera se poña en contacto co Seprona, para que actúen de oficio -, unha situación que se está convertendo na historia dun despropósito. A historia dunha neglixencia consentida que pode levar a morte do río.

O alcatreo provinte do propio río faise insoportable hoxe. As imaxes reflicten o noxo que da: compresas e papel hixiénico flotando nun auga negruzca, todo elo salpicado por espumas branquecinas, o que da como resultado un bodegón que nin a Carracci, Durero ou Beuckelaer se lle pasaría pola cabeza nos seus peores pesadelos.

O concello de Ribadavia, conxuntamente coa Confederación Hidrográfica, lávanse as mans. Non con auga do río claro, que despois os apretóns non quedan tan finos nas fotos, contestando a esta asociación que vontade hai, pero medios lle faltan. Teñen a vontade de limpar con profundidade o sistema de bombeo, que se tupe unha e outra vez, pero non o fan. Teñen a vontade de separar o sistema de sumidoiros, que une pluviais e residuais, pero non o fan. E que fan logo?. Disque, apalabrado entre Confederación Hidrográfica e Concello, teñen un proxecto de novo paseo pro río. Para iso parece que si que hai cartos, pero para ocuparse do principal, a contaminación do propio río, que preocupa a todos e cada un dos veciños da vila, nin un peso. Quizais así convirtan o novo paseo do río nun paseo con praia fluvio-tropical. Dende logo a auga, quentiña xa vai. Entretanto as carpas, que xa están colonizando tramos superiores do río, encantadas.

Que lle den a fauna e a flora. Que lle den a suposta preocupación deste concello polos amieiros. Que lle den a todo e a todos que, como xa dixemos algunha que outra vez, xa está aí agosto e, este ano Samil, seica ten bandeira azul. Que lle den a todo o sistema ecolóxico do río, pero dende aquí o advertimos: unha vez que marche, será para non volver.

Presentamos aquí unhas declaracións exclusivas do propio río a esta asociación, feitas esta mesma mañán. Tras elas, as imaxes da nova desfeita de hoxe.

C.do F.: Señor río, ¿Por qué vai tan emporcallado ultimamente, é que non se ducha?

Río Avia: No hombre, no es eso. Mira, parece que quien se encargó de la realización del alcantarillado la pifió enormemente, y ahora yo me como todos los “marrones” de los habitantes de Ribadavia.

C.do F.: Ahh, por iso é debido a cantidade de compresas e papel hixiénico que aparecen no río, ¿non si?

Río Avia: Si, pero mira, lo de las compresas no es un problema, ya que son con alas y tengo a unas cuantas anguilas centenarias dando clases de vuelo sin motor, para que la juventud de ahora pueda emigrar e irse a otros ríos, donde tengan un futuro mejor.

C.do F.: Cal é a súa opinión a cerca de que o Concello e Confederación non lle den solucións, e en cambio proxecten un novo paseo no río

Río Avia: Yo desde aquí quiero decirles que como broma ya valió, que se dejen de tanto paseo y que me cuiden, que ya voy mayor y está feo eso de maltratar a los ancianos. Como sigan así voy a denunciarles ante servicios sociales.

– C. do F.: Home, non se poña así.

Río Avia: Es que me sacan de mis alcantarillas. No aguanto más. Cualquier día de estos me marcho, cojo mis peces, mis invertebrados, unos cuantos arbolitos y mamiferos y me planto en…en…………..

C. do F.: Señor Avía, señor Avía. ¿Atópase ben?. Señor Avia, responda. Señor Avia…

Imaxes tomadas esta mañán (fai click para agrandalas, vídeo o final):

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: