Skip to content

Petición pola defensa dos ríos

12/08/2011

Benjamín Cela é unha persona afecionada á pesca aló polas terras de Lemos. Benjamín está especialmente sensibilizado co medio natural e cos ríos principalmente, e por elo decidiu abrir unha páxina web onde expón as súas inquedanzas e preocupacións sobre a contaminación dos ríos.

 

Agora mesmo está a levar a cabo unha iniciativa que consiste en recoller firmas para enviarlle unha petición á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que seica últimamente se volveron do lado escuro, do lado das hidroeléctricas (raro,raro). O feito é que o que pide na súa carta son cousas que consideramos xustas e de sentido común. Entre outras cousas, Benjamín pide que se cumpla a lei (que osado!). As leis xa se sabe que son para que as cumplamos os cidadáns do montón coma ti ou eu. As hidroeléctricas fan o que lles peta, posto que os ríos son delas.

 

Estes días saiu na prensa a noticia do proxecto de Ibertrola para perforar a montaña no cañon do Sil e turbinar así máis auga. Nós pensábamos que xa quedara claro que coas verbas da ministra de Medio Ambiente, da que depende a Confederación, cando dixera no Senado o pasado xaneiro que o número de aproveitamentos hidroeléctricos da conca Miño-Sil é “extraordinariamente elevado” quedaba un pouquiño máis claro o tema. Parece ser que non. O señor Fernández Liñares, presidente da Confederación, defende este atropello alegando que os que nos queixamos non coñecemos a constitución. Coñecemos tal, e ademáis aseámonos de cotío. A Constitución é un documento con defectos e virtudes que di entre outras cousas que todos temos dereito a unha vivenda digna e tamén a un traballo igualmente digno. Pon non mencionar que temos dereito a desfrutar de un medio ambiente de calidade (de calidade boa, entendemos nós). O señor Fenández Liñares tamén aduce que os accionistas de Ibertrola teñen dereito a gañar cartos. O que non di e que para elo se teña que hipotecar a calidade de vida de todos os que temos que sufrir estes atropellos ambientais para que os ríos xa non sexan tal.

 

Por certo, este proxecto está en periodo de exposición pública na Confederación. Se alguén se aburre e non ten cousa mellor que facer nas vacacións, que se achegue por alí, lea o tocho (estudo de impacto ambiental amañado incluido, se ten) e que presente alegacións. Sinxelo.

 

 A nosa intención con este artigo non era envenenarnos coa CHMS, senon animarvos a que entredes na páxina web e asinedes a petición.

 

 www.benjamincela.es 

www.actuable.es/peticiones/salvemos-nuestros-rios

 

A carta transcribímola a continuación:

 

A la atención de Francisco Félix Fernández Liñares

Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

 

Estimado Señor:

Este escrito tiene la finalidad de manifestar nuestro interés por la defensa de nuestros ríos y sus cauces.

 

SOLICITAMOS

–        El cumplimiento de la ley 5/2006, de 30 de junio, para la Protección, la Conservación y la Mejora de los Ríos Gallegos

–        Reivindicamos de una vez por todas la incorporación de las escalas de salmónidos y anguilas que se olvidaron (o quisieron olvidar) ya en la dictadura, privando a esta tierra de la riqueza piscícola, y de la riqueza económica asociada a ella.

–        La suspensión de todas las obras de aprovechamiento hidroeléctico proyectadas en el futuro, para los ríos, pues ya hay suficientes, y su rendimiento nunca ha revertido en la riqueza de Galicia (todo lo contrario: tanto a nivel económico como ecológico, nos ha perjudicado)

 

Quedamos a la espera de una respuesta. Gracias por su tiempo.

Atentamente.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: