Skip to content

Solicitamos máis información á Xunta

13/09/2011

Como sabedes o mes pasado comunicamos que este ano no fariamos remonte de anguías. En troques deso este ano, entre outras accións, estamos elaborando un informe ante a fiscalía polas actuacións levadas a cabo no encoro de aproveitamento eléctrico de Frieira, que presentaremos este mes ou quizais o que ven (as viñas mandan nesta terra e nesta época e a nosa labor nesta asociación, como ben sabedes, e totalmente altruísta e voluntaria). O mes pasado solicitamos información relativa, ante a Consellería de Medio Rural e inda sen contestación , da cantidade de anguías remontadas dende o encoro de Frieira. Pero como ben dixemos fai un tempo a anguía é o símbolo que engloba o resto de especies migradoras do río Miño. Por todo isto ampliamos a solicitude de información o resto de especies mediante carta entregada a Consellería do Medio Rural hoxe mesmo.

Á atención de Don Ricardo I. Vecillas Rojo

Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense

Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a efectos de notificación no Apdo. de correos 32, 32400 Ribadavia, Ourense.

Expón:

Que solicitado ante esta institución os informes relativos á cantidade -expresada esta en kg ou en número de individuos- de anguías remontadas dende o encoro de Frieira, deste ano e de tódolos anteriores que obren en poder da consellería, mediante escrito con data do día 25 de agosto de 2011, entre outras solicitudes.

Solicita:

En virtude da Directiva 2003/4/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 28 de enero de 2003, relativa al acceso del público a la información medioambiental na que se especifica que:

El acceso a la información en materia de medio ambiente que obre en poder de las autoridades públicas es una condición fundamental que permitirá mejorar la ejecución y el control del Derecho comunitario de medio ambiente.

Se considerará información sobre medio ambiente aquella que se incluya entre los ámbitos que se enumeran a continuación: cualquier información disponible en forma escrita, visual y sonora o en forma de base de datos sobre el estado de las aguas, el aire, el suelo, la fauna, la flora, las tierras y los espacios naturales, así como la relativa a las actividades o medidas que les afecten o puedan afectarles y a las actividades o medidas destinadas a protegerlas (incluidas las medidas administrativas y los programas de gestión del medio ambiente).”

E a súa transposición a Ley 27/2006, de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente. Tamén queremos facer referencia á Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, que obriga, nos seus principios xerais, a difundir esta información.

Que, en virtude da información que vostedes posúen, se nos entregue copia dos informes do resto de especies migradoras remontadas dende o encoro de Frieira (salmón atlántico, lamprea, troita marisca ou reo, alosas…) así como outros peixes que consideren de interese e que estean recollidos nos informes do servizo de Conservación para a Natureza ou os seus análogos dependentes da Xunta (escalo, bermejuela….), ampliando deste xeito a petición anterior relativa ós informes da cantidade de anguías remontadas dende o encoro de Frieira.

Os comentarios están pechados.