Skip to content

Chamamos a Confederación polas manchas de aceite

07/10/2011

Onte, como prometimos, volvimos a ir polo río para ver se o das manchas era cousa dun día ou podía alongarse no tempo. Pois ben, onte pola mañán volvía a haber esas estrañas manchas no río (podedes velas no artigo de abaixo). Chamamos a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, quen se personou nun tempo record pra facela toma de mostras. Tamén nos dixeron que existía un tipo de polen que facía este tipo de manchas no río pero que nunca fora detectado no Avia. Nós que somos ben mandados consultamos nos datos aerobiolóxicos de Galiza e só había risco moderado de polen de estrugas e de ningún máis, o cal estropearía a teoría da Confederación. De todos modos dixéronnos, e ben dito, que até que saian os resultados doas análises das mostras tomadas non se podían sacar nengún tipo de conclusións.

Estas manchas estaban situadas preto da desembocadura do Avia co Miño e en parte deste, por se alguén se quere pasar por aí e ver se segue habendo manchas. Nós seguirémolo facendo. Saúdos.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: