Skip to content

Arde Galicia

19/10/2011

Con estas verbas abría o noticiario dunha cadena de televisión nacional fai pouco. Estes días, Galicia é noticia de portada nos xornais e nas televisións. E dentro de Galicia, Ourense, que fomos quen de desbancar ao resto de provincias por riba de indemnizacións indecentes, de códices varios e de rapaces que se esnafran os fins de semana contra as casas.

O motivo e ben triste, queimannos o país. Estamos a sufrir unha plaga de lumes forestais comparable a que aconteceu no 2006. Non importa cara onde vaias ou onde te atopes, mires cara onde mires, verás e cheirarás fume.

400 lumes en 3 días dan que pensar. Dan que pensar que son intencionados. Pero eso xa o sabíamos. Sempre o foron, aínda que algúns parece que se decataron onte. O que parece que temos todos claro e que o dos lumes é unha arma que se pode empregar a vontade, pero que cedo ou tarde vólvese contra un, coma un búmerang.

As fotografías e imaxes de montes arrasados en tódolos recunchos da provincia é desoladora. A visión de xente da rúa tendando loitar contra as lapas con medios tan ancestrais como polas de xestas e demáis, é máis ben propio doutras latitudes.

Nesta terra temos moitos problemas, e un deles é o dos lumes. Dende o 2006 (e dende antes incluso) non fomos capaces de artellar medidas para tentar mudar esta desfeita que nos visita ano tras ano. Temos un problema socio-cultural con este tema que xa ben de longo. Non sei a quen lle interesará que Galicia e Ourense parezan un páramo negro e ermo, pero dende logo e pan para hoxe e fame para mañá.

A falta de visión de país fai que o problema só se torne serio cando acontece, e dicir, ano tras ano no verán. Agardamos desesperadamente que chova para poder resolver o problema (de incendios e de seca). Agardar que a natureza, a que tanto maltratamos e desprezamos, nos bote unha man é un tanto irónico. Se cadra a alguén se lle ocorre sacar aos Santos para que nos boten unha man, medida tamén máis propia doutras latitudes. Non demos ideas.

Aínda que sexamos unha asociación ecoloxista a nivel comarcal, non podíamos perder a ocasión de facer algún comentario ao respecto, sempre coa máxima asepsia política, o que é ben difícil. En ocasións así non podemos facer máis que patalexar e ver con tristura esvaecerse o noso patrimonio natural do que tanto presumimos fora de Galicia.

 Pedimos que se tome en serio e dunha vez este problema, para tentar buscar solucións de acordó con século no que vivimos, que é o século XXI, por si alguén aínda non se decatou. Que se tome coma unha cuestión de orgullo de país e que nos demostrémos que somos quen de solucionar o problema, e de paso coller impulso para solucionar o resto de miserias que temos.

Supoño que pedirlle a tódolos axentes e administracións públicas (duplicadas e triplicadas) que traballen cóbado con cóbado para solucionar o asunto é moito pedir. De tódolos xeitos, nos o pedimos.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: