Skip to content

Charla sobre os incendios e magosto do Coto

17/11/2011

Como cada ano celebramos o magosto. Este ano será na Franqueirán (en caso de choiva farémolo na Picuxa), o sábado día 19 sobre as 13:00 horas. Haberá carne ó caldeiro ou churrasco a elixir, empanada, bica, viño e licor café, todo por un prezo popular de 8 euros. Todos e todas estades convidados, non fai falla que sexades socios, de feito cantos máis novos veñades mellor dado que isto entendémolo, aparte dunha xornada festiva e reivindicativa cos nosos socios e socias, coma un lugar e momento ideal para todos aqueles que queirades entrar en contacto co Coto ou simplemente pasar un bo rato.

Como cada ano facemos o magosto dun xeito, aparte de festivo, reivindicativo. Este é o gallo de que o fagamos na Franqueirán, dado que o motivo de reivindicación deste ano xira en torno ós incendios que asolaron, como tantas outras veces, ós nosos montes.

Para falar deste problema enquistado no ADN galego o día anterior, venres 18, teremos unha palestra na sala-pub Aljama coa temática “A problemática dos incendios na Galiza”. Será a partires das 20:00 horas e nela intervirán Xosé Santos, axente forestal e gran coñecedor do monte e dos problemas que xorden en torno ó lume. Tamén intervirá David Fernández Calviño, Doutor Enxeñeiro de Montes e Presidente da Comunidade de Montes de Puga (Toén).

¡¡¡Estades tod@s convidad@s!!!

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: