Skip to content

Magosto

01/12/2011

 O pasado sábado 19 de novembro celebramos o magosto na Picuxa. Ainda que ao final quedou un bo día, en principio como tódolos pronósticos que manexábamos prevían chuvia, o sentido común (ese que tanto escasea últimamente) aconsellounos facelo a cuberto.

 Este ano quixemos facer un magosto temático, adicado ao problema que temos en Galicia cos incendios, posto que parece que unha vez que pasa o verán e voltan as chuvias, o problema queda xa totalmente esquecido. Para elo decidimos organizar unha pequena palestra con dous invitados para que nos falaran das súas experiencias e visións sobre o asunto.

 David, presidente da comunidade de montes de Puga (Toén), falounos do abandono do monte e de como si se xestiona correctamente, este pode ser unha fonte de ingresos nada despreciable.

 Pola súa parte, Santos, axente forestal, incidiu en que a problemática do lume é de tipo cultural. Puxo o exemplo das Landas francesas, onde tiveron un problema de vaga de lumes tremendo durante algúns anos. Alí, o goberno francés tomou cartas no asunto, e en poucos anos mudaron a situación (para mellor).

 O remate houbo un pequeño coloquio onde se intercambiaron puntos de vista e experiencias por parte dos invitados e dos asistentes.

 O día seguinte xa desfrutamos do magosto con carne o caldeiro, churrasco, chourizos, empanada, bica, viño e licores.

 Moitísimas gracias a todos pola vosa participación, tanto nas charlas como no magosto, aos chefs, aos colaboradores…GRACIAS.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: