Skip to content

Incineración no Irixo, repercusións para a comarca do Ribeiro: charla en Ribadavia

12/01/2012

A concienciación e a educación ambiental da poboación son uns dos pilares de actuación da Asociación Ecoloxista Coto do Frade. É neste marco onde debemos englobar as distintas actuacións que esta asociación ven desenrolando dende os seus inicios.

Por elo, e para contrarrestar as distintas mentiras que se están lanzando dende a administración sobre este proxecto (non contaminante, mellor dende o punto de vista enerxético, gran reciclaxe, postos de traballo…), este venres día 13, as 20:30 na casa da cultura de Ribadavia, teremos unha palestra sobre a macroplanta de xestión de residuos que se pretende instalar no veciño concello de O Irixo. As repercusións para a comarca do Ribeiro serán un dos temas a tratar, polo que animamos a tódolos veciños da comarca a asistir a esta charla.

Para elo contaremos como ponentes con Serafín González: biólogo do CSIC e presidente da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural); Anxo Saborido: coordinador da FEG (Federación Ecoloxista Galega) e Braulio E. Rodríguez: vicepresidente de Coto do Frade e experto en xestión ambiental.

Agardámosvos a tod@s este venres na casa da cultura de Ribadavia.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: