Skip to content

Andaina na defensa do río Cerves

26/03/2012

O ano pasado Enel Unión Fenosa presentou un proxecto co que pretende chuchar un 50% máis de auga deste río para a producón eléctrica, o que parece un acto de rapiña ambiental flagrante. Ante este proxecto presentamos, no mes de novembro pasado, as nosas consideracións ante a “Dirección General de Evaluación Ambiental”, para que fagan a declaración de impacto ambiental ante esta nova modificación que supón un ataque extremadamente agresivo ó hábitat deste río.

Ademais solicitamos que se faga esta declaración non só das novas características a modificar, senón de toda a concesión da que ademais opinamos que se fixo dun xeito ilegal, polo que no mes de xaneiro deste mesmo ano denunciamos ante fiscalía a concesión de licenzas para as obras do azud, minicentral e demais, por considerar que se fixeron de xeito ilegal.

Por todo isto este domingo teremos unha andaina, en protesta pola minicentral do Cerves, a que estades tod@s convidados. A nosa única meta e lograr a recuperación deste río, que ademais de estar protexido presenta unha beleza sen igual, algo do que falaremos na andaina e na comida posterior a que, repetimos, estades td@s convidados.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: