Skip to content

De verdade que isto é normal?

28/03/2012

Ó pasear esta mañán polo río, co caudal bastante baixo, alguén me preguntaba, e isto das espumas de onde ven?. Pois non o sei, resposteille. Nós xa o denunciamos, sabeno os da Confederación e no Concello, tamén na Xunta de Galicia, pero a eles debe parecerlles normal que o río vaia así.

O río, como dicimos, ía bastante baixo, co cal víanse espumas, coma sempre, que se ían acumulando en montículos. Ó non haber apenas corrente, como moitos e moitas de vos saberedes, as espumas van aparecendo e apenas se moven e, inda que o imos asumindo como algo normal, en realidade non o é.

Entón, como ás once da mañán, abríronlle á presa de Albarellos. O espectáculo, de lamentable, pasou a dantesco. Era curioso ver como a xente que paseaba polo río quedaba abraiada ante tal visión. Como xa temos falado moito disto, está denunciado e seguimos traballando nelo, pois non imos falar hoxe moito máis. Só mirade as fotografías, tomadas ás 11:30 desta mesma mañan, entre o tramo que vai dende a veronza vella até a ponte de San Francisco. Se isto é normal, e que pase practicamente tódolos días e só de mañán, que baje Dios y lo vea.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: