Saltar ao contido

Día da Loita campesiña

10/04/2012

Imaxe

Este venres día 13 de abril celebraremos de novo o día da Loita Campesiña. Terá lugar no Café-Bar Aljama (Ribadavia) a partir das 20.30 horas.

Contaremos coa presenza de Iago Vilar, que nos contará a súa experiencia no cultivo de hortas ecolóxicas e falaranos dun novo proxecto na provincia de Ourense.

Tamén participará Anxo Collarte, membro de Cume do Avia, que nos falará da viticultura ecolóxica no Ribeiro.

Ó remate da charla haberá petiscos para todas e todos e remataremos a xornada co concerto de Habelas Hainas.

Ficades tod@s convidad@s!

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: