Skip to content

Mina de wolframio

29/01/2013

Imaxe

A finais do 2012, a empresa salmantina “Minas y Geología S.L.” presentou baixo o nome de “Wolfran Aurense” unha memoria para facer un estudo xeolóxico nunha superficie de arredor de 1.600 hectáreas que comprenderían os concellos de Cartelle,  Arnoia, Castrelo de Miño e Ramirás. O concello máis afectado sería o de Cartelle, con arredor do 55% desta superficie, e sobre o 15% para cada un dos restantes.

A alza do prezo de diversos minerais é o que motiva á empresa a querer levar a cabo un estudio que duraría tres anos e que se dividiría en tres etapas: un primeiro estudo xeral (onde se definirían as zonas máis interesantes), unha segunda etapa na que esas áreas interesantes serían sometidas a probas máis exhaustivas e por último a determinación da viabilidade ou non da explotación.

A este respecto decir que a empresa non so busca wolframio, senón tamén elementos e minerais como litio, estaño ou galena, entre outros.

En Galicia, por experiencia propia, posto que temos 304 explotacións (Ministerio de Industria, 2010) sabemos que as explotaciòns mineiras a ceo aberto xeran un grande impacto  medioambiental, pero non so a nivel paisaxístico, con desmontes agresivos e escombreiras monumentais. A minería, para funcionar, consume grandes cantidades de auga, produce verteduras nocivas e moitas veces tóxicas nos regatos e ríos circundantes, perxudicando a vida que neles se desenrrola. Xa coñecemos de sobra o respeto que teñen estas empresas polo medio natural.

E no que respecta a creación de emprego, os postos xerados son temporais e non compensan o destrozo e deterioro medioambiental que producen. Os concellos a medio e longo prazo non se ven significtivamente beneficiados destas actividades, sendo máis o que se destrúe que o que se xera. A crise actual non pode dar carta blanca para o expolio dos recursos naturais.

É curioso que a lei de minas que rixe a actividade, ainda que modificada posteriormente, data do ano 1973. Ademáis, unha vez rematada a explotación, a maioría dos cartos para a restauración da desfeita paisaxística proceden de subvencións públicas.

Coto do Frade pensa que xa temos actividade mineira dabondo no pais. Queremos saber por que estes proxectos declaranse de utilidade pública para así poder deixar aos concellos afectados sen decisión sobre unha actividade que se vai desenrrolar no seu territorio.

Por todo esto Coto do Frade posicionase en contra do “proxecto de investigación do dereito mineiro 5258 Wolfran Aurense”, e sumámonos ás alegación presentadas en contra.

Pedimos aos nosos socios e simpatizantes que asinedes o manifesto contra a minería en Galicia que atoparedes no seguinte enlace web que vos deixamos:

https://www.change.org/es/peticiones/que-non-arrasen-galicia-paremos-a-megaminer%C3%ADa-contaminante?utm_campaign=url_share_after_sign&utm_medium=url_share&utm_source=share_petition

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: