Asemblea extraordinaria
Estimad@ soci@:
Coto do Frade está pasando polo momento máis delicado dende a súa fundación, debido á falta de implicación da súa base social e a perda de forza no seu grupo de traballo, onde a posible disolución se presenta como una posibilidade real.
Hoxe máis que nunca a loita ecoloxista precisa dun esforzo adicional por parte da cidadanía e non podemos deixar que a situación actual relegue ó ecoloxismo xa non a un segundo ou terceiro plano, senón fora das preocupacións cotiás.
Poñémonos en contacto contigo para informarte da celebración dunha asemblea extraordinaria da Asociación Coto do Frade na que é indispensable a túa presenza e na que se tratarán os seguintes puntos na orde do día:
- · Lectura e aprobación da acta anterior
- · Resumo de actividades dende a última asemblea ordinaria
- · Presentación e aprobación de contas (se procede)
- · Posible disolución da Asociación
- · Elección da nova xunta directiva (se procede)
- · Rogos e preguntas
A asemblea terá lugar o vindeiro venres 22 de febreiro ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Ribadavia.
Sen outro particular, recibide un cordial e ecolóxico saúdo.
A xunta directiva
Os comentarios están pechados.