Continuamos
Coto do Frade ven de celebrar o día 22 de febreiro unha asemblea extraordinaria. Nesta ocasión, e debido á ralentización da actividade o pasado ano, a xunta directiva quixo abrir un debate sobre o presente e futuro da asociación. Para elo, quen mellor que os socios para transmitirnos a súa visión sobre a liña de actuación que se está a seguir, e o que eles pensan que debería ser o futuro.
A xunta directiva considera vital para a boa saúde da asociación que os socios expresen as súas dúbidas, inquedanzas e mesmo críticas polo menos unha vez ao ano e de xeito formal a través dunha asemblea, que nesta ocasión tivo que ser extraordinaria debido a que as circunstancias tamén o eran.
Desta maneira, ao final conseguiuse constituir unha nova xunta directiva que sae reforzada e con ilusión para seguir traballando en prol do medio natural.
Despois da lectura e aprobación da acta da sesión anterior e da aprobación das contas, elexiuse a nova xunta directiva que queda como segue:
Presidente: José Manuel Viñuela Ávarez
Secretario: Ángel González Castiñeiras
Tesoureira: Ainhoa Viñuela Don
Vogais: Pilar Selas Chao
Oscar Canitrot Taboada
Celso Lorenzo Hermida
Agradecemos a participación dos socios e recollemos as súas suxerencias. Seguiremos dando conta das actividades e de todo o que aconteza puntualmente.
Gracias a tod@s.
Os comentarios están pechados.